Escola de Teatro e Danza
A última fase da infancia onde eles, máis motores e máis cómodos nos deportes conxuntos onde a súa individualidade está menos exposta; e elas, pode que máis maduras e reflexivas, máis atentas ós seus cambios físicos e intereses. Comeza o encontro coa súa personalidade, aptitudes e cualidades. Mudan a relación co mundo, coa autoridade, cos seus propios argumentos e criterios, coa súa imaxe persoal, coa súas competencias (superación e frustración) e coa introspección (observación interior).
Cuestionamento de normas, inquietudes, argumentos, forza física e emocional, concentración, memoria visual, integración en grupos sociais, autonomía, responsabilidades, toma de decisións, satisfacción do aprendizaxe, expresar o que saben e o que senten, xestión dos medos, o diálogo, o tacto, o afecto, emprego da linguaxe, …
O teatro dálle cabida a toda este remexido de cambios e novidades vitais. Conscientes destas transformacións impulsaremos a voz para comunicar quen somos, que soñamos e cales son os nosos proxectos. Sen perder de vista o corpo como ferramenta de expresión ofreceremos múltiples proxectos de representacións para que a experiencia sexa diversa, progresiva e compañeira do seu crecemento e madurez.
Mostras fronte ao público.
GRUPO de 11 a 13 anos
Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.