Close

Formación profesional de actores e actrices

Plan de estudos

O plan de estudos de espazoaberto configúrase entendendo que a formación debe ser un proceso permeable onde a aprendizaxe se converta nun medio para alcanzar a liberdade expresiva. Unha liberdade propia que é indispensable para o artista á hora de desenvolver a súa labor de creación e de transformación da realidade dun xeito autónomo, sen prexuízos e ideas preconcibidas.

Así, ao longo de tres anos, o/a alumno/a terá a oportunidade de descubrir os seus propios recursos como creador, mentres adquire as ferramentas (tanto corporais e técnicas, como intelectuais) precisas para afrontar a creación escénica, partindo da introdución dunha serie de elementos técnicos imprescindibles para o dominio de medio teatral.

A Formación Actoral Regular, distribuída en tres cursos, ademais de contar coas materias troncais como: Interpretación, Formación Física, Técnica Vocal, Teoría e Historia do Teatro e dos Novos Comportamentos Artísticos, Danza e Actuación ante a Cámara, estará complementada con outros cursos e obradoiros propostos pola escola.

Ao mesmo tempo, espazoaberto, ofrece aos seus alumnos e alumnas a posibilidade de amosar os seus traballos, realizados ao longo do proceso, nos diferentes sábados abertos que se celebrarán durante o curso.


(Para a incorporación na Formación Regular será preciso realizar previamente o Curso Intensivo de Iniciación ao Teatro.)