Close

Preparación física do actor/actriz

Presente nos tres cursos que configuran a Formación Regular, a Preparación Física enténdese como unha posta a punto do instrumento básico do actor/actriz.
O corpo e o seu coñecemento son básicos para poder profundizar e ampliar os recursos e opcións creativas propias. O entrenamento da conciencia corporal, o ton muscular adecuado, a respiración, o ritmo, o impulso, a enerxía, a conciencia do espazo, o desbloqueo de tensións, a presenza e o movemento creativo… son algunhas das chaves fundamentais á hora de emprender un traballo actoral consciente e profesional.


Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.