Close

Presentación

Dende a súa creación en 1992, espazoaberto segue a traballar no deseño dun proxecto pedagóxico que, en evolución continua, medra e cambia acorde cos tempos. Unha metodoloxía de vangarda que se caracteriza por contar non só con aquelas materias ligadas ao aspecto teatral, senón con todas as manifestacións artísticas que teñan que ver coa creación contemporánea.

O  teatro, a danza, a actuación ante a cámara, a técnica vocal,  a performance, a acción contemporánea, a historia dos novos comportamentos escénicos e artísticos, así como cursos específicos dirixidos a configurar unha formación máis ampla e consciente… serán as bases dende as que achegar ao alumno/a ao seu propio e intransferible proceso formativo.

Tras máis de vinte anos dirixindo, asesorando e formando a creadores/as, espazoaberto conta xa cunha grande experiencia como centro pedagóxico, mais segue a crer na idea fundamental de que a formación, a autonomía e a liberdade seguen a ser as chaves coas que todo/a artista contemporáneo/a debe contar á hora de crear e transformar a realidade.