Close

Que é Espazo Miúdo?

QUE É?

Espazo Miúdo é un espazo creativo para que @s nen@s a partir dos 3 anos poidan ter un primeiro contacto con distintas disciplinas das artes escénicas. Trátase dun espazo para acompañar á nena ou neno no seu proceso  madurativo como persoa que descubre, sinte, pensa e expresa.

POR QUE?

Entendemos que as artes escénicas, ademais da súa parte máis técnica, aportan ferramentas vitais para o desenvolvemento cognitivo, motor, sensorial, emocional e social do neno ou nena, permitíndolle desenvolver a súa propia creatividade, traballar en equipo, tomar conciencia de si mesmo, do outro e do que lle rodea.

COMO?

Partimos dunha metodoloxía individualizada, lúdica, activa, participativa e crítica levada a cabo por profesionais das artes escénicas e das didácticas artísticas.

QUE OFRECEMOS?

Durante o curso ofrecemos clases regulares de teatro, danza e teatro musical (levadas a cabo por profesionais das artes escénicas e da educación/ didáctica artística). Dentro destas actividades, ademais dos coñecementos específicos de cada unha, @s nen@s achéganse a outras facetas como a escenografía e o vestiario no caso do teatro musical; o clown, o mimo, os monicreques ou as sombras no caso do teatro. Para finalizar o proceso do curso, a Escola organiza un festival onde as nais e pais poderán ver os traballos creados polos nenos e nenas.
Durante o verán e as vacacións escolares ofrecemos tamén campamentos de Teatro Musical onde se experimenta a creación completa dun Musical concreto (coreografía, canto, vestiario, escenografía, etc.) e os pais e nais poden acudir como espectadores ao final da semana.