Close

Interpretación

Primeiro Curso:

Desbloqueo. Desinhibición/adaptación escénica. Improvisación: Monólogo Mudo, Improvisación Pura, Improvisación Impura e Monólogos. Método das Accións Físicas (MAF), técnica de traballo coñecida como o segundo método de Stanislavski.

Segundo Curso:

TEXTO. Análise, realización e posta en escena. Neste segundo curso toma forma específicamente teatral o aprendido no primeiro, a través da posta en escena de diferentes textos de autores do século XX. Tamén abordaremos o coñecemento doutras linguaxes interpretativas (cine e televisión).

Terceiro Curso:

Durante o último ano de formación en espazoaberto o actor/actriz profundiza en cuestións que teñen que ver máis ca investigación propia e cos novas formas de expresión artísticas. Cada actor/actriz individualmente ou en grupo traballa na realización dun proxecto onde, ademais de profundizar e continuar co proceso formativo e artístico, convértese no punto de partida co que iniciar unha continuidade profesional.

Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.