Close

Teatro para mozas e mozos

Aadolescencia é unha etapa de crecemento onde comezamos a indagar nos roles adultos e a xestionar unha das forzas máis importantes da vida: a sexualidade. Dun lado van soltando a man protectora (educación primaria) e doutro van asumindo as consecuencias e as responsabilidade de tomar decisións propias (educación secundaria). Convivir cos cambios físicos e químicos (hormonais), a inseguridade, a estrañeza, a relación cos seus semellantes. O grupode teatro serve como espazo para compartir e expandir personalidades e, por suposto, atopar novas formas de expresión emocional e artística. 

Coñecere experimentar, desde a exploración vivencial, os elementos esenciais que compoñen a estrutura teatral son uns dos eixos desta proposta. O deseño das clases fará un percorrido que nos guiará cara a comprensión de calquera obra teatral, ofrecerá unha ampla mirada sobre as artes escénicas e os tipos de representación posibles. 

A(s)creación(s) resultante(s) será(n) mostrada(s) ao público. 



NOVO GRUPO

De 15 a 17 anos.

  • Duración: de outubro a xuño
  • Profesora: Roberto Casal

Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.