Close

Actuación diante da cámara

A medida que imos medrando, vemos disminuír os espazos dedicados ao autocoñecemento, o desenvolvemento da imaxinación, o fomento da capacidade de relación e a potenciación da creatividade, tanto a nivel físico como a nivel oral. Nunha época na que prima o poder da imaxe, é importante reivindicar o valor da palabra como vehículo de expresión humana e artística.
Posuír instrumentos que permitan explorar a linguaxe física e verbal e as súas múltiples posibilidades é unha tarefa esencial para a comunicación.
Este taller é un intensivo de interpretación diante da cámara enfocado a proporcionar un conxunto de ferramentas e procedementos que poidan resultarde  utilidade á hora de enfrontarse a interpretarpara a cámara.
O curso busca detectar aquelas problemáticas que poidan xurdir no momento de traballar para cine e/ ou televisión co obxectivo de progresar gañar seguridade no ámbito da interpretación, que se conecta directamente coa necesidade natural de expresión na vida.


 

Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.