Close

Descrición física e ubicación

espazoaberto está ubicado no número 48 baixo da Rúa de San Pedro en Compostela. O seu local de 320 m2 esta distribuído en dúas salas, vestiario, baño, oficina e recibidor.

A primeira das salas conta cun espazo totalmente libre de aproximadamente 90 m2, con chan de madeira flotante, dotada de equipo de son.

A segunda sala conta cunha superficie de 60 m2 con chan de madeira flotante equipada con: barras paralelas, espello de 4×2 metros, equipo de son e piano.

Como chegar

Rúa de San Pedro, 48 – 15703 Santiago de Compostela