Close

Teatro Aficionado

Teatro Aberto/Aficionado quere ser o espazo no que podamos achegarnos á escena desde experiencias coas que cada persoa establece unha relación exclusiva co teatro. Só a partir dese momento podemos desbloquear, confiar e abrir a mirada cara novas formas de expresión e comprensión artística. O enfoque desta proposta integra o facere o mirar, dúas accións que definen o teatro desde as súas orixes. 

Teatro: do grego θέατρον,théatron“lugar para contemplar” (o que outros fan)

Facer: do grego δράμα, drama “facer” ou “actuar”

Mirar:derivado de θεάομαι,theáomaimirar”

Indicado para calquera persoa, a partir de 17 anos, con ou sen experiencia previa, que ten unha conta pendente co teatro, que non quere deixar de sorprenderse a si mesma e que desexa ensaiar novas formas de vida. Os grupos con disparidade tanto de idades como de idiosincrasia ofrecen unha mirada do mundo máis extensa e rica. En TeatroAberto abrimos unha nova porta pola que asomarse ás artes escénicas; un espazo onde facer, mirar e reflexionar. 

  • Duración: de outubro a xuño
  • Profesor:  Roberto Casal


Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.