Close

Danza para nenos e nenas

GRUPO de 7 a 14 anos

Ten como obxectivo que os nenos aprendan e desenvolvan a súa capacidade creativa a través da Danza Moderna e á vez disfruten poñéndose en forma e bailando ritmos actuais.

Neste curso os nenos explorarán de forma lúdica a súa capacidade de expresión corporal, a través do recoñecemento espacial, traballo do ritmo, texturas de movemento, do musical, do interpretativo e coreográfico con elementos propios da técnica da Danza Moderna.

As clases comezarán cun quencemento xeral que de forma amena e divertida introduce elementos de preparación física, técnica, de respiración, etc… de aquí pásase á aprendizaxe e práctica de elementos coreográficos, seguidos de pequenas variacións para chegar á construción coreográfica tanto individual, por parellas como grupal.

  • Duración: de outubro a xuño
  • Horas: 1,5 hora/semana
  • Profesora: Xus Raíndo


Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.