Close

Equipo de traballo

  • Equipo docente: Cristina Domínguez, Sonia Méndez, Antía Otero, Xus Raíndo, Roberto Casal, David Aller, María Alkayali, Carlos Neira.
  • Coordinación e xestión: Carmen Neira
  • Deseño web: Roi F.F.
  • Deseño publicidade: María Noya
  • Técnico audiovisual: Roi F.F.
  • Dirección: Carlos Neira
CARLOS NEIRA

Carlos Neira é titulado en interpretación pola Casona (Centro de Formación e Investigación Teatral), Posgrao de Formación Actoral (especialidad de interpretación).
Cursou estudos de Formación de Formadores en Pedagoxía Teatral dirixido por Fermando Griffell, así como cursos de especialización en Formación Física do Actor (Eutonia e Feldenkrais).
Como docente funda e dirixe dende 1992 espazoaberto. Impartiu cursos na USC (Universidade de Santiago de Compostela) e no CGAC (Centro de Arte Contemporáneo de Galicia) entre outros.
Como director funda en 1995 a compañía Nut Teatro coa que creou e dirixiu “Punto de Partida”, “Mudanzas”, “Tuanis”, “Me gusta que me lo hagas…”, “Corpos Disidentes”, “A Mirada de Pier”, “4.48 Psicosis”, “Wake-Up”…
Axudantía de dirección do espectáculo “Tulipanes” de David Loira.
Dirixe e crea con Antía Otero varios espectáculos “Operatorio”, “Corporal (je t’aime)”.
Traballou na Dirección de Actores na película “A Cicatriz Branca” de Margarita Ledo Andión.
Crea varias Accións Performáticas para S8 Mostra de Cinema Periférico de A Coruña.
Dirixe o proxecto de artes vivas Radicales Libres, presentando o primero traballo da serie na Galería Trinta de Santiago de Compostela.

CRISTINA DOMÍNGUEZ DAPENA

Titulada pola RESAD (Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid).
Completa a súa formación vocal como alumna de Jesús Aladrén na escola de teatro e música Tántara (Madrid), así mesmo recibe cursos de traballo vocal no Roy Hart International Center, Anduce, Francia; coa compañía Pantheatre en París e coa profesora de voz e canto, Susana Naidich, en Bos Aires (Arxentina).
Ten o titulo de mestrado en artes escénicas pola universidade de Vigo, na que está matriculada para realizar o doutoramento en artes escénicas.
A súa labor docente no campo da voz, desenvólvea como profesora de traballo vocal e expresión oral na escola de teatro e danza Espacio Aberto de Santiago de compostela, e na ESAD de Galicia, Vigo.
Tamén ten colaborado coa mesma asignatura na Aula de Teatro da Universidade de Compostela, cursos de posgrao da USC, A Artística Vigo (centro do que foi fundadora), etc.
No campo das artes escénicas, foi directora do Centro Dramático Galego do 2005 ao 2009.
Fundadora de A Factoría Teatro, na que dirixiu pezas de teatro textual ate a súa marcha no 2006, no campo da dirección de escena, a súa traxectoria inclúe una docena de espectáculos, firmando nos últimos años O regreso ao deserto, de B. M. Koltès, producida no Centro Dramático Galego; O Tío Vania de Chekhov, Premio María Casares de Teatro 2005 á Mellor Dirección Teatral con A factoría Teatro; Coitelos nas Galiñas Premio María Casares de Teatro 2002 á Mellor Dirección Teatral, con A factoría Teatro e A viaxe de Lola, premio “Pasarena” de Teatro 1999 ao Mellor Espectáculo, en Logroño.
Realizou, así mesmo, a dirección escénica de espectáculos de danza contemporánea e musicais.
Publicou no 2005 o libro Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz, na colección Biblioteca de Teatro, que coeditan a AGADIC e a Editorial Galaxia.

SONIA MÉNDEZ ALONSO

Sonia Méndez ten unha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual.
Realizou principalmente estudos de interpretación en diversas escolas como espazoaberto en Santiago de Compostela, Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona ou o Postgrao en Interpretación e Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o mundo da interpretación, a súa inquietude lévaa a instruírse noutros ámbitos. No Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona, seguiu cursos de Guión e Dirección de Actores. Na Escola Internacional de Cine e TV de Cuba estudou Construción Dramática e Guión. E na Escola de Imaxe e Son de Coruña formouse como Realizadora de Espectáculos e Audiovisuais. Ademais, actualmente traballa como docente na escola de interpretación espazoaberto  (Compostela) onde imparte o curso anual para actores de “Interpretación diante da cámara”.
Despois de escribir diversas curtametraxes para outros directores no ano 2008 escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe PERVERSA LOLA que obtivo a mención especial do xurado e o premio para a mellor actriz ao seu protagonista Nuria Sanz no festival de Cans (Porriño). A súa segunda curtametraxe LEO Y MARIO (SE DEJAN) actualmente en distribución. Traballa ademáis no guión da súa primeira longametraxe e escribiu o proxecto de serie para televisión BADULAQUE. É ademáis directora creativa da empresa OROBORO FILMS da que é membro xunto con Margherita Morello e Gael Herrera. Tamén é socia de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e do Audiovisual) onde participa activamente dende Galicia.
Como actriz Sonia Méndez deuse a coñecer en Galicia no ano 2001 na serie Terras de Miranda á que logo seguiron outras series como Os Atlánticos producida por Filmanova e Continental e emitida tamén na TVG. Durante este tempo participou en longametraxes como Rafael de Xavier Bermúdez, Unha muller Invisible de Gerardo Herrero e Por min e por tódolos meus compañeiros de Judas Diz; telemovies como Phatagorubi e A rosa de Alexandría de Rafael Monleón; outras series como Rías Baixas así como múltiples curtametraxes. Na actualidade está a preparar a longametraxe O sexo dos anxos dirixida por Xavier Villaverde e ten en proxecto varias Tvmovies.

ANTÍA OTERO

Antía Otero é licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid e formouse como actriz na Escola de Teatro e Danza espazoaberto. A súa traxectoria é interdisciplinar polo que ven conxugando a escrita coa arte e a interpretación.

No campo da arte ampliou formación con varios cursos como: – Taller, Ciclo de cine e conferencias Ideas sobre cine con José Luis Guerín, – Representando mulleres: notas no tempo. Ciclo de conferencias sobre Nancy Spero, – Curso Taller de Cine Xéneros II, Xoves, sesión continua organizado pola AGAG, – Seminario / Taller Heterodoxias da pantalla. Transgresións do clasicismo cinematográfico dende a modernidade ao poscinema organizado por CGAI, – Master class con Marc Rappaport, Bruce Mcclure e María Cañas no (S8) Mostra de Cinema Periférico; coodinou as bolsas para artistas San Martiño Pinario, realizou o comisariado Compostelarte para o Auditorio de Galicia e ten elaborado diferentes textos para catálogos de arte e artigos para xornais.

Como escritora foi gañadora do VII Certamen Francisco Añón de Poesía co poemario “De porta un horizonte”, publicou os poemarios individuais “O Son da Xordeira” (2003) en Espiral Maior e “(Retro) visor” (2010) en Edición Xerais e é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega.  No campo da escrita teatral realizou un Curso de escrita dramática e performance con Joseph Danan en Barcelona no marco da  Sala beckett e do Festival Grec e escribiu textos para os traballos ” Unica escribiu a súa morte” e “Operatorio”.

Como actriz realizou varios traballos en audiovisual entre os que destaca a serie de ficción “Os Atlánticos” producida por Filmanova e Continental, a tv movie “As Reliquias do Santo” producida por Bren, a longametraxe “Dous Fragmentos: Eva” dirixida por Ángel Santos e as curtametraxes: 24, Tabernario e Insula.

Imparte o obradoiro de nova creación “O ollo da arte” en Normal/Espazo de Intervención Cultural da Coruña e a materia de Teoría do Teatro e Novos Comportamentos Artísticos en Espazo Aberto.

DAVID ALLER

David Aller é lingüista, narrador, dramaturgo e actor. Graduouse en Lengua y Literatura Españolas na Universidad Nacional de Educación a Distancia, onderealizou un posgrao de especialidade teatral–Máster en Formación e Investigación Literaria y Teatral en el Contexto Europeo–. Ademáis de outros estudos, é Experto Universitario en Análisis de Medios de Comunicación y Narrativa Digital. Como lingüista desenvolveu tarefas de corrección ortotipográfica e de estilo en Contextos S. L., labor continuada coa creación do portal Gramadictas, adicado aos servizos profesionais de corrección ortotipográfica e de estilo, avaliación literaria e redacción de contidos.

Comezou os estudos de interpretaciónno Teatro del Andamio con Tatiana Likhacheva (método Stanislavski), despoisno Col·legi de Teatre de Barcelona (método Jacques Lecoq, máscara neutra) e, finalmente, en Espazo Aberto con Carlos Neira e Cristina Domínguez. Esta formación escénica e actoral complétaa con cursos e obradoiros de dramaturxia e guión, interpretación e dirección.

Actualmente, está poñendo en marcha a súa compañía, xunto a Paula Ballesteros, para a produción de proxectos propios. Como dramaturgo é autor de Tan humana comedia–espectáculo detido pola pandemia–, de outros monólogos e de pezas de teatro breve e de microteatro.

É autor das novelas 1005, Libélula sin número e Buenos días, do libro de viaxes Pequeñas ventanas de Guangzhou e de numerosas pezas dos xéneros breves –novelas curtas, relatos, contos e microcontos–. Con estas últimas resultou premiado en diferentes certames.

Un destes contos foi elixido gañador do Premio de Relatos Luis del Val. Ademáis, outros relatos foron declarados finalistas en varios premios literarios como o Certamen Literario Ciudad de Martos, o certame Purorrelato –convocado pola Casa de África–, os Premios IASA de Microcuentos ou o propio Luis del Val en dúas ocasións máis.

XUS RAÍNDO

Actualmente imparte clases de JazzFunk, Comercial, lírico e preparación técnico- física en ESPAZO ABERTO (SDC) e Danza Clásica e Moderna en NAYADE Escola de Danza (Coruña). Dirixe ON;DANCE, escola itinerante de Baile Moderno.

Formada principalmente co mestre e coreógrafo MÁXIMO HITA(BCN) comeza a súa formación en BCN con Avelina Argüelles, JuanCarlos García, Ángels Margarit, Eva Bartomeu en Danza Contemporánea, Máximo Hita, Carl Paris (MDR) en ModernJazz, entre outros. Posteriormente en Dance Institute of Univ. Of Akron (OHIO) e STEPS (NY).
Trasládase a Canarias onde coreografía para El Triángulo de Cuatro Lados os musicais de HAIR, GREASE, CARNAVAL DOS ANIMAIS, HANSEL Y GRAETEL, entre outros.. Para Danzarote PETER PAN, ANNIE e ALALMA. Alí desenvólvese como docente traballando entre outros coa FUNDACION YEHUDI MENUHIN como artista MUS-E.
  Actualmente reside en SDC onde desenvolve o seu traballo e segue en formación continua en novos estilos (con FIDEL BUIKA, KANGA (KULBIK), MARCOS, CHRISTIAN SOLÉ (C&C. BCN) Bárbara Fritsche, Carlos Alvés (Karen Taft, MDR), Alexis Fernández, MACA (Coruña).

MARÍA ALKAYALI

Actriz e profesora de técnica vocal. Titulada en Grao Profesional de Canto no Conservatorio de Santiago (2018) e en Formación Actoral pola escola de teatro Espazo Aberto (2015). Niveis 1 e 2 de Estill Voice Training, coñecido popularmente como voicecraft, no 2019 e actualización no 2021. Titulouse en Teatro Musical con Distinction en Grao 8, máxima cualificación da especialidade por Rockschool, e en canto moderno Grao 8 de Rockschool Vocals. Soprano no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dende 2013 e en El Acorde Secreto dende 2015.

Experiencia como actriz no teatro (Don Juan Tenorio en femenino, Sherezade 1001), no audiovisual (A lei de Santos, Dinosaurio, Serramoura, Delicias amargas, Malo será,

Mataría) e na narración oral e pasarrúas (Asociación Manicómicos). Cantante de

eventos, corista en óperas (La traviata, La flauta mágica) e profesora de técnica vocal, piano e teatro con 7 anos de experiencia docente. Imparte clases dende o 2016 en Rock School Coruña onde deu aulas a máis dun cento de alumnos, xa só 90 en clases individuais, preparándoos para 44 exames oficiais cun 100% de aprobados, un 90% acadando ou superando o notable e un 43% de sobresaíntes.

Completou a súa formación con profesionais de diferentes ámbitos en canto lírico e moderno, voz teatral e anatomía vocal (Helen Rowson, Alizia Romero, Adrián Aguilar, Cristina Domínguez, Mercedes Hernández, Fernando Balboa, Robert Sussuma), técnica Alexander, adestramento actoral (Fernando Tato), teatro en verso (Ana Carril, Carmelo

Gómez e Emi Ecay), cabaret, narración oral, impro ou actuación ante a cámara (Sonia Méndez, Alfonso Zarauza, Iria Ares, Escola de Ficción). Licenciada en Xornalismo, máster en Formación de Profesorado e curso universitario de Técnicas de Rehabilitación da voz.

ROBERTO CASAL MOURIÑO

Roberto Casal Mouriño vén de rematar a súa formación na Escola de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dirección de escena. A súa formación compleméntase con 9 anos estudando o teatro de obxectos e monicreques en múltiples formatos, escénicos e audiovisuais, na Escola UNIMA España. Titulado como Técnico Superior en Animación Sociocultural e especializado na animación teatral e na promoción das artes escénicas.

Actualmente traballa como actor na compañía Teatro Ó Cubo coa que xa conta con catro producións en cartel dirixidas en maior medida ao público familiar e infantil: “O Faiado”, “Nube Nube Sol”, “Ghop!” e “Ningures”. A experiencia no eido escénico lévao a promover diferentes proxectos en Compañías como “Titereficciós” ou “Fanfarra Teatro”; participar na coordinación de espazos culturais como “Colectivo Tachán”; ou a realización de “Ficción Sonora” na Semana Cultural do IES Porto do Son desde o 2016.

Con algo máis de 10 anos de experiencia na condución de grupos cara o teatro, tanto adultas como mocidade ou infantil, en múltiples localizacións e espazos socioculturais; chega a Espazo Aberto no 2019 para ofrecer o amor, o compromiso e o desexo de evolucionar artisticamente xunto a calquera persoa que comparta estas paixóns.