Close

Teatro musical

Que é o teatro musical?

Poderíase dicir que é a arte de explicar historias a través da música nun espectáculo que utiliza as cancións e o baile para explicar o argumento, sendo un xénero que inclúe música, danza e diálogos falados.

Dende EspazoMiúdo a aprendizaxe e práctica deste xénero entendémolo a través do xogo tanto drámatico coma coreográfico e de voz cantada, entendendo o xogo coma elemento esencial na aprendizaxe de calquera actividade dirixida a nenos.

Neste taller de teatro musical traballaranse adaptacións de temas de distintos musicais como  Matilda, West Side Story, Cast, Grease, El Rey León, Peter Pan…

Imos bailar…

No que a danza se refire aprenderán unha base de traballo corporal e técnicas para poder realizar os movementos dos bailes. As coreografías tamén inclúen movementos escénicos, de desprazamento dos actores polo escenario a parte dos propios bailes que acompañen as cancións.

Imos interpretar…

A parte dos diálogos falados nos que aprenderemos a interpretar o texto sen música nin baile, tamén aprenderemos a interpretar e transmitir ao público con naturalidade e emoción as cancións e os bailes.

O baile e o movemento debe de axudar a expresar o que di o texto a través do xesto, un paso, movemento, coreografía coa mesma emoción.

Imos  cantar…

Aprender a respirar, vocalizar, entonar e resaltar as letras das cancións.

Imos crear escenografías…

Crearemos as escenografías de cada musical.


Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.