Close

Dirección Escénica para actrices e actores

Neste curso propoñemos dar unha serie de fundamentos teórico-prácticos que axuden ao intérprete a entender un xeito pormenorizado a labor da Dirección de Escena, de xeito que poda usar esas ferramentas tanto para o seu traballo como actor /actriz como á hora de desenrolar un proxecto teatral propio.

Ao longo das sesións de traballo iranse expoñendo unha serie de leccións de dirección que se mesturarán coa exposición práctica dun conxunto de traballos prácticos por parte do alumnado, e que terán como obxectivo a creación dun proxecto teatral propio que poda ser levado á práctica.

O alumnado poderá coñecer ao longo destas sesións como se aborda un proxecto desdea dirección, comezando pola elección do punto de partida do espectáculo ata o momento no que se estrea, con especial dedicación á parte de comunicación co actor/actriz, de xeito que este/a se converta en todo momento nun aliado, nunca nun opoñente.

DIRIXIDO A

Este curso está destinado a actores e actrices, tanto amadores como profesionais, quequeiran explorar novas caras do seu oficio, iniciándose no mundo da dirección para xerarposibles proxectos persoais -xa sexan individuais ou en compañía- así como para todasaquelas persoas que queiran experimentar desde dentro como se xera un proxecto teatral.


See More

Slider Title

Short Excerpt

See More