Escola de Teatro e Danza
O século XX foi revolucionario para a escena e a arte. Nesta materia, achegarémonos á comprensión histórica, crítica e estética dos feitos máis significativos do teatro, a arte e a práctica escénica contemporánea, comprendendo o período dende 1960 ata a actualidade.
A través da conversa, o debate, o traballo en grupo así coma do apoio de material gráfico, videográfico, lecturas guiadas e visitas a centros de arte, o/a alumno/a poderá ir construíndo un marco de coñecemento óptimo para situarse intelectual e artisticamente.
Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.