Inicio de sesión
facer do corpo unha función que nunca remate. un edificio en constante reforma. unha escultura que se talle dende adentro
Dende a súa creación en 1992, espazoaberto segue de traballar no deseño dun proxecto pedagóxico que, en evolución continua, medra e cambia acorde cos tempos. Unha metodoloxía de vangarda que se caracteriza por contar non só con aquelas materias ligadas ao aspecto teatral, senón con todas as manifestacións artísticas que teñan que ver coa creación contemporánea.
Ver máis >>
buscar a forma no corpo, esculpilo como instrumento, modificar o mundo, percibir aquelo que está ao outro lado da pel, facer do corpo voz intelixente, materia prima capaz de todo, transformar o espazo e nós con el
Se estás interesado en matricularte nalgún dos cursos ofertados, podes facer a preinscrición online, a través do formulario de preinscrición.