Close

Escrita creativa

CARTOGRAFÍAS LITERARIAS. CURSO DE ESCRITA CREATIVA


Coordinado por: Antía Otero

  • Duración: 10 sesións
  • Data de inicio: 16 de outubro
  • Días: venres de 19:30 a 21:30

 

A quen vai dirixido:

A aquelas persoas que comezan a escribir ou xa o fan interesadas na  relación entre palabra e imaxe, escrita e outras artes, con  independencia do xénero no que acostumen traballar. Unha oportunidad  para adquirir ferramentas, redescubrir e compartir a lectura.

Descrición:

Cartografías literarias está dirixido *s interesad*s na literatura en  xeral, con independencia do xénero no que acostumen a traballar. É unha  viaxe con mirada horizontal a través da Literatura e outras artes  partindo de diversos conceptos e propostas prácticas para a escrita. O  seu obxectivo básico é o de achegar *s asistentes á trama literaria,  facendo fincapé nos resortes do texto e na alquimia entre a técnica e o  impulso. Coa mestura da teoría e da práctica, camiñando as pegadas que  van deixando *s grandes autor*s, buscarase a escoita dun xeito  personalizado, aportando chaves e ferramentas que axuden á elaboración  de textos cunha voz propia.

Metodoloxía:

Serán dez sesións (20 horas) organizadas en dous bloques. Os  encontros estarán vertebrados por unidades temáticas e achegamento a  diferentes autor*s da literatura galega e universal. Propostas de  escrita. Debate continuo. Crítica, valoración e seguimento dos textos  creados. Lecturas. Visionado de material audiovisual.

Programa Bloque I

  • As palabras e os inicios. O eco
  • Pescudar na cartografía. Deixarse atravesar
  • Entre o abstracto e o concreto
  • Do tema á constelación. Listas e caixas. Organizar
  • Enfoques
  • O impulso e o preverbo
  • Da sensación á emoción
  • A acción
  • Escribir: Chantal Maillard, Virginia Woolf, Marguerite Duras, Boris Vian, John Berger, Ana Romaní, Lois Pereiro

Programa Bloque II

  • Tecer: sustantivos, verbos, adxetivos…o que se oculta e desvela
  • Tallar un texto: atopar a escultura
  • O silencio, o tempo e o espazo
  • Ir ao micro
  • O infraordinario
  • Do literario ao interdisplinar. Mirada transversal. Palabra e imaxe
  • Samuel Beckett, Jorge Oteiza, George Perec, Chantal Ackerman, Jonas Mekas, Gustav Deutsch, Louise Bourgeois