Escola de Teatro e Danza
CARTOGRAFÍAS LITERARIAS. CURSO DE ESCRITA CREATIVA
Coordinado por: Antía Otero
A quen vai dirixido:
A aquelas persoas que comezan a escribir ou xa o fan interesadas na relación entre palabra e imaxe, escrita e outras artes, con independencia do xénero no que acostumen traballar. Unha oportunidad para adquirir ferramentas, redescubrir e compartir a lectura.
Descrición:
Cartografías literarias está dirixido *s interesad*s na literatura en xeral, con independencia do xénero no que acostumen a traballar. É unha viaxe con mirada horizontal a través da Literatura e outras artes partindo de diversos conceptos e propostas prácticas para a escrita. O seu obxectivo básico é o de achegar *s asistentes á trama literaria, facendo fincapé nos resortes do texto e na alquimia entre a técnica e o impulso. Coa mestura da teoría e da práctica, camiñando as pegadas que van deixando *s grandes autor*s, buscarase a escoita dun xeito personalizado, aportando chaves e ferramentas que axuden á elaboración de textos cunha voz propia.
Metodoloxía:
Serán dez sesións (20 horas) organizadas en dous bloques. Os encontros estarán vertebrados por unidades temáticas e achegamento a diferentes autor*s da literatura galega e universal. Propostas de escrita. Debate continuo. Crítica, valoración e seguimento dos textos creados. Lecturas. Visionado de material audiovisual.
Programa Bloque I
Programa Bloque II