Erasmus+
Participación de espazoaberto en Playing Bodies
En setembro do ano 2023, espazoaberto comeza a súa participación en Playing Bodies, un proxecto Erasmus+ de asociación para a cooperación e o intercambio de prácticas a pequena escala na formación para adultos, tendo como socios á compañía de danza Body Architects, de Viena, e máis ao Centro Coreográfico L’espace, de Palermo.
O proxecto Playing Bodies esténdese no tempo até marzo de 2025. Nese intervalo trátanse de alcanzar uns obxectivos determinados a través do desenvolvemento de actividades dirixidas a conseguir un impacto específico.
Obxectivos do proxecto Playing Bodies
01
Mellora das competencias docentes
Proporcionar aos docentes de danza y teatro metodoloxías innovadoras para mellorar as súas competencias no campo da ensinanza das súas disciplinas artísticas.
02
Ferramentas creativas para estudantes
Empregar ferramentas creativas no proceso de aprendizaxe dos estudantes de tres rexións europeas diferentes, creando una rede para unha cooperación futura.
03
Difusión de resultados
Contribuír á difusión dos resultados entre as novas xeracións de artistas logrando un alcance a nivel rexional, estatal e europeo.
Actividades desenvolvidas no proxecto
Publicacións e currículum
- Publicación dun estudo sobre a presenza e influenza das novas tecnoloxías na música, na danza e no teatro.
- Creación dun currículum innovador para a docencia da danza e do teatro.
Manuais e intercambios
- Publicación dun manual para o profesorado de danza e teatro en adultos recollendo novas ferramentas e técnicas desenvolvidas polos tres socios.
- Intercambio de experiencias e de boas prácticas entre profesores dos diferentes países a través de visitas transnacionais.
Obradoiros e actuacións
- Obradoiros locais con estudantes de danza e teatro para poñer en práctica o currículum creado.
- Actuacións locais baseadas nas metodoloxías compartidas cun evento final que agrupe todas as presentacións.
- Difusión de materiais audiovisuais e recursos online para dar a coñecer as actividades do proxecto.
Resultados e impacto esperado
Mellora das habilidades docentes
- Mellorar as habilidades para os profesores de danza e teatro involucrados directamente no proxecto.
- Mellorar a calidade da docencia da danza e do teatro nos centros de formación para adultos.
Cambio de currículum e desempeño
- Cambiar o currículum dos centros de danza e teatro coa introdución de métodos innovadores e creativos.
- Incrementar o desempeño dos centros de danza e teatro para atraer a novos estudantes e manter os presentes.
Oportunidades laborais
- Aumentar as oportunidades laborais nas carreiras dos artistas involucrados coa asociación.