Curso de traballo corporal

Este curso está dirixido a mestres/as, administrativos/as, xastres/as, camareiros/as, dependentes/as, médicos/as, enfermeiros/as e amas/os de casa. Se tes unha profesión ou vida sedentaria que che produce dores musculares e articulares, molestias debidas a malas posturas continuadas, ou se queres eliminar tensións corporais, corrixir a túa postura, recuperar a elasticidade, o ton muscular e a mobilidade articular, ven a participar nas clases de traballo corporal.

De outubro a xuño

Carlos Neira

Programa do Curso de traballo corporal

O curso céntrase na eliminación das tensións corporais, corrección da postura, recuperación da elasticidade, ton muscular e mobilidade articular. É ideal para profesionais con vida sedentaria ou para calquera persoa que busque mellorar a súa saúde física a través de técnicas de traballo corporal.

Outros cursos relacionados