Curso de teoría e historia do teatro

Neste materia ofrecemos unha base teórica que permita coñecer as orixes do teatro e as primeiras manifestacións escénicas así como o seu desenvolvemento histórico ata os nosos días co obxectivo de comprender determinados conceptos da teoría e a práctica escénica coas súas concrecións no tempo e no espazo. Así mesmo, atenderemos á obra de determinados nomes chave da dramaturxia, dirección, investigación e interpretación teatral universal que nos permiten conectar coas expresións escénicas da práctica teatral pasada e presente.

De outubro a xuño

Melania Cruz

Programa do Curso de teoría e historia do teatro

  • Comprensión histórica do teatro dende 1960 ata a actualidade.
  • Análise crítica e estética dos feitos máis significativos na arte e práctica escénica contemporánea.
  • Conversas e debates sobre os temas tratados.
  • Traballos en grupo para fomentar a colaboración e o intercambio de ideas.
  • Apoio de material gráfico e videográfico para unha mellor comprensión.
  • Lecturas guiadas de textos relevantes.

Outros cursos relacionados