Curso de teatro xuvenil
A adolescencia é unha etapa de crecemento crucial onde os xóvenes comezan a explorar os roles adultos. Este período caracterízase pola transición entre a educación primaria e secundaria, convivindo con cambios físicos e hormonais, inseguridade e novas relacións sociais.
O grupo de teatro serve como espazo para compartir, expandir personalidades e atopar novas formas de expresión emocional e artística.
Programa do Curso de teatro xuvenil
Coñecer e experimentar, desde a exploración vivencial, os elementos esenciais que compoñen a estrutura teatral son uns dos eixos desta proposta. O deseño das clases fará un percorrido que guiará aos participantes cara á comprensión de calquera obra teatral, ofrecendo unha ampla mirada sobre as artes escénicas e os tipos de representación posibles. As creacións resultantes serán mostradas ao público.
Idade
De 14 a 17 anos