Curso de teatro infantil

A última fase da infancia é un período de gran desenvolvemento e exploración persoal. Nesta etapa, os nenos e nenas comezan a atopar a súa personalidade, aptitudes e cualidades, mudando a súa relación co mundo e con eles mesmos.

O teatro é unha ferramenta ideal para xestionar estes cambios, ofrecendo un espazo para a expresión persoal, a comunicación e a introspección.

De outubro a xuño

Roberto Casal

Programa do Curso de teatro infantil

O curso aborda cuestións como o cuestionamento de normas, a xestión das emocións, a concentración, a memoria visual e a integración en grupos sociais. Conscientes das transformacións que experimentan nesta idade, impulsamos a voz para comunicar quen son, que soñan e cales son os seus proxectos. Ofrecemos múltiples proxectos de representacións para que a experiencia sexa diversa, progresiva e compañeira do seu crecemento e madurez.

Idade

  • Grupo de 10 a 11 anos
  • Grupo de 12 a 14 anos

Outros cursos relacionados