Curso de preparación física para actrices e actores

A preparación física é un compoñente esencial presente nos tres cursos que configuran a Formación Regular en espazoaberto. Este curso trata a posta a punto do instrumento básico do actor/actriz: o corpo.

O coñecemento e adestramento do corpo son fundamentais para desenvolver e ampliar os recursos creativos propios.

De outubro a xuño

Carlos Neira

Programa do curso

O curso abarca diversas áreas fundamentais para o traballo actoral consciente e profesional, incluíndo:

  • Conciencia corporal
  • Ton muscular adecuado
  • Respiración
  • Ritmo
  • Impulso
  • Enerxía
  • Conciencia do espazo
  • Desbloqueo de tensións
  • Presenza e movemento creativo

Outros cursos relacionados