Curso de interpretación

Descubre o teu talento actoral e desenvolve as túas habilidades interpretativas co noso completo curso de interpretación. Formamos actores e actrices cunha sólida base técnica e artística.

En espazoaberto estamos especializados no desenvolvemento das artes escénicas, nun ambiente ideal para a aprendizaxe e a creatividade.

De outubro a xuño

Carlos Neira

Programa do Curso de interpretación

Primeiro curso: Desbloqueo e improvisación

No primeiro curso, os alumnos traballarán no desbloqueo e a desinhibición e adaptación escénica. Exploraranse técnicas de improvisación, incluíndo monólogo mudo, improvisación pura, improvisación impura e monólogos. Ademais, introduciranse o Método das Accións Físicas (MAF), coñecido como o segundo método de Stanislavski.

Segundo Curso: Texto e posta en escena

O segundo curso centrarase na análise, realización e posta en escena de textos. Os alumnos aplicarán o aprendido no primeiro curso mediante a representación de textos de autores do século XX. Tamén se abordarán outras linguaxes interpretativas, como cine e a televisión.

Terceiro Curso: Investigación e Proxectos

Durante o último ano de formación, os actores e actrices profundizaran na investigación propia e en novas formas de expresión artística. Cada estudante traballará nun proxecto individual ou grupal, que servirá como punto de partida para a súa continuidade profesional.

Outros cursos relacionados