Curso de escrita teatral
Non hai un método para escribir teatro. Ou o que é o mesmo: “Hai tantos métodos como escritorxs”. O xeito de desenvolverse na escrita vén determinado pola sensibilidade persoal para seleccionar e tratar os temas, o estilo, o xénero… Con todo, hai ferramentas que nos poden axudar a ordenar as ideas e a facilitar a comprensión do proceso de creación dramatúrxica. Compartir e analizar este material a partir do traballo práctico serán os obxectivos deste curso.
Programa do Curso escrita teatral
- Procesos dramatúrxicos: da planificación á escrita automática.
- A linguaxe dramática: acotacións, monólogos, diálogos e escenas colectivas.
- Escrita e posta en escena. Textos abertos e pechados.
- Modelos básicos de estrutura dramática.
- Construción de personaxes (unidireccionais, poliédricos, etc.) e conflitos (horizontais, verticais, tranversais, etc.).
- A espacialidade dramática. O espazo como xerador de significado.
- A temporalidade dramática. Tempo escénico e tempo referencial. Discurso lineal vs. discurso fragmentado.
- Xéneros dramáticos: comedia, drama, traxedia, etc..
- A escrita en acción. Como xerar textos desde enriba do escenario.











