Curso de dirección escénica para actores e actrices
Este curso está destinado a actores e actrices, tanto amadores como profesionais, que queiran explorar novas caras do seu oficio, iniciándose no mundo da dirección para xerar posibles proxectos persoais -xa sexan individuais ou en compañía- así como para todas aquelas persoas que queiran experimentar desde dentro como se xera un proxecto teatral.
Programa do Curso de dirección escénica para actores e actrices
Neste curso propoñemos dar unha serie de fundamentos teórico-prácticos que axuden ao intérprete a entender un xeito pormenorizado a labor da Dirección de Escena, de xeito que poda usar esas ferramentas tanto para o seu traballo como actor /actriz como á hora de desenrolar un proxecto teatral propio.
O alumnado poderá coñecer ao longo destas sesións como se aborda un proxecto desde a dirección, comezando pola elección do punto de partida do espectáculo ata o momento no que se estrea, con especial dedicación á parte de comunicación co actor/actriz, de xeito que este/a se converta en todo momento nun aliado, nunca nun opoñente.
Obxectivos xerais
- Aportar ao intérprete conceptos básicos da posta en escena de modo que os poida usar tanto para a súa labor como actor/actriz como para iniciarse na dirección escénica.
- Experimentar desde o interior o oficio dun Director/a de escena, desde a elección do texto ou punto de partida non textual, ata a estrea da obra.
- Comprender e asimilar as dinámicas de relación entre o director e os/as intérpretes
- Desenrolar un proxecto de dirección que teña posibilidades reais de ser realizada.