Curso de danza contemporánea
Corpos Posibles (Nivel iniciación)
O obxetivo deste curso é propor un achegamento ao movemento co que adquirir coñecemento e conciencia física, crear un espazo no que explorar o noso movemento persoal, dende as posibilidades físicas e a capacidade de expresión infinita de cada corpo.
Profundizando no Movemento (Nivel medio/avanzado)
Este curso busca profundizar no movemento, abríndonos a cuestións específicas e concretas do corpo mediante a técnica, a experimentación, a improvisación e a investigación. Indagar na construcción dun movemento persoal desde un estado de consciencia plena no que relacionarnos co que nos rodea na búsqueda dun movemento colectivo.
Programa do Curso de danza contemporánea
Estudaremos a nosa estrutura e anatomía corporal, como se relaciona co espazo e cos corpos que nos rodean. Traballaremos a experiencia como fundamento para a aprendizaxe, pasar polo corpo a teoría para activar preguntas que nos axuden a descubrirnos dende outras perspectivas e linguaxes. Activaremos a través de exercicios de improvisación os nosos propios imaxinarios e desexos, cos que acadar a poética dun movemento propio que nos axudará a conectar e expresar a nosa creatividade individual e colectiva. Tentaremos entender o corpo como un mapa, un vehículo co que viaxar a través do movemento, permitíndonos transitar dun estado a outro, afinando a nosa escoita e atención dun corpo presente, no aquí e agora. A presenza e a experiencia física revélase como unha fonte de coñecemento e creación onde converternos en todo aquilo que xa non precisa palabras.Sairemos a busca dun corpo dispoñible, seguro, aberto e preparado para o imprevisible co que, sobre todo, desfrutar e compartir o pracer que implica poñerse en movemento. O desexo como motor do movemento.











