Curso de actuación diante da cámara
Nunha época onde a imaxe prima, é fundamental reivindicar o valor da palabra como vehículo de expresión humana e artística.
Dirixido a todas aquelas persoas que queiran aprender fundamentos básicos de guión e entrar en contacto coa actuación diante da cámara. Consideramos que non hai actrices e actores mellores ou peores, senón intérpretes que están máis ou menos bloqueados.
Programa do Curso de actuación diante da cámara
Este obradoiro busca ofrecer ferramentas que nos permitan ser conscientes das nosas tendencias expresivas físicas e verbais para poder sacarlles partido e explorar as nosas limitacións para investigar e ampliar novos rexistros. Partindo da análise de secuencias de series de televisión e guións de filmes, entraremos en contacto cos múltiples elementos de significación que forman parte dos procesos de rodaxe e gravación para poder encarnar diversos personaxes e xéneros televisivos e cinematográficos, e sentirnos máis libres á hora de interpretar diante da cámara.
- Exploración da linguaxe física e verbal
- Ferramentas para a interpretación diante da cámara
- Procedementos para traballar en cine e televisión
- Desenvolvemento da seguridade e capacidade expresiva











