Escola de Teatro e Danza
Un ano máis abrimos o prazo de matrícula para participar no Campamento de Verán de Teatro Musical para nenos e nenas de 7 a 14 anos. Dúas semanas, dous musicais:
RADIO GA-GA (Musical Queen)
EN TU FIESTA ME COLÉ
Ao final de cada musical farase unha presentación para os pais, nais e todas a persoas que os nenos e nenas queiran invitar.
Os nenos e nenas terán que traer unha mochila cunha merenda e unha botella de auga. A media mañán, se non chove, sairemos ao parque de Belvís para facer un descanso e tomar a merenda.
Podes solicitar máis información ou facer a preinscrición online.