A Escola

Descubre espazoaberto: Centro de formación en artes contemporáneas

Desde a súa creación en 1992, espazoaberto traballa incansablemente no deseño dun proxecto pedagóxico que evoluciona continuamente para adaptarse aos novos tempos. A nosa metodoloxía de vangarda vai máis alá do aspecto teatral, abarca todas as manifestacións artísticas relacionadas coa creación contemporánea.

Ofrecemos unha ampla variedade de disciplinas como teatro, danza, actuación ante a cámara, técnica vocal, performance e acción contemporánea. Ademais, incluímos a historia dos novos comportamentos escénicos e artísticos, así como cursos específicos que buscan proporcionar unha formación completa e consciente.

Con máis de trinta anos de experiencia dirixindo, asesorando e formando creadores/as, espazoaberto é un referente no ámbito pedagóxico. Mantemos firmemente a crenza de que a formación, a autonomía e a liberdade son esenciais para que cada artista contemporáneo/a poida crear e transformar a realidade de maneira única e persoal.

Salas e equipamento en espazoaberto

espazoaberto está ubicado no número 48 baixo da Rúa de San Pedro en Compostela. O seu local de 320 m2 esta distribuído en dúas salas, vestiario, baño, oficina e recibidor.

A primeira das salas conta cun espazo totalmente libre de aproximadamente 90 m2, con chan de tarima de madeira, dotada de equipo de son e un espello de 5x2m.

A segunda sala conta cunha superficie de 60 m2 con chan de tarima de madeira, equipada con: barras paralelas, espello de 4×2 metros, equipo de son e piano.

Profesores

Carlos Neira

Carlos Neira

Carlos Neira é titulado en interpretación pola Casona (Centro de Formación e Investigación Teatral) e posgraduado en Formación Actoral (especialidade en interpretación). Ademais, cursou estudos de Formación de Formadores en Pedagoxía Teatral dirixidos por Fermando Griffell, e realizou cursos de especialización en Formación Física do Actor (Eutonia e Feldenkrais).

Como docente, funda e dirixe espazoaberto desde 1992. Impartiu cursos na Universidade de Santiago de Compostela e no Centro de Arte Contemporáneo de Galicia, entre outros.

Como director, fundou en 1995 a compañía Nut Teatro, coa que creou e dirixiu diversas obras. Traballou tamén na Dirección de Actores na película “A Cicatriz Branca” de Margarita Ledo Andión e dirixiu o proxecto de artes vivas Radicales Libres.

Cristina Domínguez

Cristina Domínguez

Cristina Domínguez está titulada pola RESAD (Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid). Completa a súa formación vocal como alumna de Jesús Aladrén na escola de teatro e música Tántara (Madrid), e realizou cursos no Roy Hart International Center en Francia, entre outros.

É mestra en artes escénicas pola Universidade de Vigo e está matriculada no doutoramento en artes escénicas. A súa labor docente no campo da voz desenvólvese como profesora de traballo vocal e expresión oral en espazoaberto e na ESAD de Galicia, Vigo. Foi directora do Centro Dramático Galego e fundadora de A Factoría Teatro, dirixindo numerosas pezas de teatro textual.

Melania Cruz

Melania Cruz

Melania Cruz iniciou a súa formación en interpretación da man de Marga Portomeñe e completou os seus estudos na ESAD de Galicia e na Universidade de Vigo. Cofundadora da compañía A Quinta do Cuadrante, traballou como actriz en distintas compañías e como pedagoga teatral en diversos colectivos e institucións. Debutou en audiovisual no filme A Esmorga e protagonizou outras películas e series, recibindo múltiples premios pola súa traxectoria.

Roberto Casal

Roberto Casal

Roberto Casal Mouriño completou a súa formación na Escola de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dirección de escena. Ten experiencia en teatro de obxectos e monicreques, traballando como actor na compañía Teatro Ó Cubo e promovendo diferentes proxectos escénicos. Desde 2019, ofrece formación en Espazo Aberto.

Tito Asorey

Tito Asorey

Licenciado en Historia pola  Universidad de Vigo e en Arte Dramático (especialidade Dirección de escena) pola ESAD de Galicia. Máster en Artes Escénicas (Uvigo). Especialista Universitario en Archivística (UNED-Fundación Carlos de Amberes). Curso de Aptitude Pedagóxica (Universidade Complutense de Madrid)

Tito Asorey conoce o teatro no ano 1993 dende ese momento estivo vinculado  e traballadando ininterrumpida en máis de 30 montaxes teatrais.

Como actor teatral foi premiado no ano 2010 con un Premio María Casares.

Traballou tamén intensamente no mundo audiovisual galego e nacional. Paralelamente a súa  experiencia como actor comenza dende o ano 2000 a súa carreira como director de escena en múltiples colectivos teatrais, premiado nos anos 2007, 2008 y 2010 co Premio Nacional de Teatro Joven.

Dedicación á docencia taetral dende o ámbito da actuación e da dirección

Andrea Quintana

Andrea Quintana

Artista variopinta, interesada nas brechas, no imprevisible, na rebelión dos corpos escénicos e na danza como detonante de imaxinarios posibles. Diplomada en danza clásica e formada en danza contemporánea en Madrid, Barcelona, Bruselas e Holanda. Estuda Anatomía Aplicada ao Deporte en Euskadi, en Bélxica estuda debuxo, escultura e Hª da Arte na Academiede Beaux Arts de Saint JooseNode, en Málaga estuda ilustración na Escola de Arte de San Telmo.

Cunha longa traxectoria como intérprete en distintas compañías, distintos proxectos nos que participa na coreografía, na dirección ou na dramaturxia. Dende 2005 desenvolve as súas propias creacións, cun especial interese nos espazos de intersección entre disciplinas artísticas. Actualmente conforma o colectivo VACAburra. xunto a Gena Baamonde.

María Alkayali

María Alkayali

Actriz e profesora de técnica vocal. Titulada en Grao Profesional de Canto no Conservatorio de Santiago (2018) e en Formación Actoral pola escola de teatro Espazo Aberto (2015). Niveis 1 e 2 de Estill Voice Training, coñecido popularmente como voicecraft, no 2019 e actualización no 2021. Titulouse en Teatro Musical con Distinction en Grao 8, máxima cualificación da especialidade por Rockschool, e en canto moderno Grao 8 de Rockschool Vocals. Soprano no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dende 2013 e en El Acorde Secreto dende 2015.

Cantante de eventos, corista en óperas (La traviata, La flauta mágica) e profesora de técnica vocal, piano e  teatro. Imparte clases dende o 2016 de Música e técnica vocal.

Completou a súa formación con profesionais de diferentes ámbitos en canto lírico e moderno, voz teatral e anatomía vocal (Helen Rowson, Alizia Romero, Adrián Aguilar, Cristina Domínguez, Mercedes Hernández, Fernando Balboa, Robert Sussuma), técnica Alexander, adestramento actoral (Fernando Tato), teatro en verso (Ana Carril, Carmelo Gómez e Emi Ecay), cabaret, narración oral, impro ou actuación ante a cámara (Sonia Méndez, Alfonso Zarauza, Iria Ares, Escola de Ficción). Licenciada en Xornalismo, máster en Formación de Profesorado e curso universitario de Técnicas de Rehabilitación da voz.

José Luis Baños de Cos

José Luis Baños de Cos

Licenciado en Dereito e Antropoloxía Social, cursou estudos sobre teatro social, teatro do oprimido e teatro documental. Durante varios anos traballou para diferentes ONGs en Honduras e o Perú en proxectos de integración con rapaces/zas da rúa por medio do uso do teatro. Xa en Compostela leva anos impartindo clases en diferentes centros e institucións. Colaborou con diferentes compañías teatrais como Ó Cubo Teatro, Titereficcións, Fanfarra Teatro ou Vórtice Escénico.

Como dramaturgo obtivo diferentes premios como o Premio Abrente do MIT de Ribadavia, o Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño dirixido ao alumnado de ESO e Bachillerato, o Premio Barriga Verde para textos de monicreques ou o Premio Laudamuco para textos teatrais.