Equipo Docente: Cristina Domínguez, Sonia Méndez, Antía Otero, Xus Raíndo, Paula Quintas, Seila Alvaré, Elea López, Ángeles Iglesias, Carlos Neira.
Coordinación e Xestión: Carmen Neira
Deseño Web: Miguel Castedo
Deseño Publicidade: María Noya
Técnico Audiovisual: Roi Fernández Fernández
Dirección: Carlos Neira
CARLOS NEIRA
Carlos Neira é titulado en interpretación pola Casoana (Centro de Formación e Investigación Teatral), Posgrao de Formación Actoral (especialidad de interpretación).
Cursou estudos de Formación de Formadores en Pedagoxía Teatral dirixido por Fermando Griffell, así como cursos de especialización en Formación Física do Actor (Eutonia e Feldenkrais).
Como docente funda e dirixe dende 1992 Espazo Aberto. Impariu cursos na USC no CGAC entre outros.
Como director funda en 1995 a compañía Nut Teatro coa que creou e dirixiu “Punto de Partida”, “Mudanzas”, “Tuanis”, “Me gusta que me lo hagas ….”, “Corpos Disidentes”, “A Mirada de Pier”, “4.48 Psicosis”, “Wake-Up”.
Axudantía de dirección do espectáculo “Tulipanes” de David Loira.
Dirixe e crea con Antía Otero varios espectáculos “Operatorio”, “Corporal” “Je T’aime”.
Traballa na Dirección de Actores na película “A Cicatriz Branca” de Margarita Ledo.
Crea varias Accións Performáticas para S8 Mostra de Cinema Periférico de A Coruña.
CRISTINA DOMÍNGUEZ DAPENA
Titulada pola RESAD (Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid)
Completa a súa formación vocal como alumna de Jesús Aladrén na escola de teatro e música Tántara (Madrid), así mesmo recibe cursos de traballo vocal no Roy Hart International Center, Anduce , Francia; coa compañía Pantheatre en París e coa profesora de voz e canto, Susana Naidich, en Bos Aires (Arxentina).
Ten o titulo de mestrado en artes escénicas pola universidade de Vigo, na que está matriculada para realizar o doutoramento en artes escénicas.
A súa labor docente no campo da voz, desenvólvea como profesora de traballo vocal e expresión oral na escola de teatro e danza Espacio Aberto de Santiago de compostela, e na ESAD de Galicia, Vigo.
Tamén ten colaborado coa mesma asignatura na Aula de Teatro da Universidade de Compostela, cursos de posgrao da USC, A Artística Vigo (centro do que foi fundadora), etc.
Noa campo das artes escénicas, foi directora do Centro Dramático Galego do 2005 ao 2009.
Fundadora de A Factoría Teatro, na que dirixiu pezas de teatro textual ate a súa marcha no 2006, no campo da dirección de escena, a súa traxectoria inclúe una docena de espectáculos, firmando nos últimos años O regreso ao deserto, de B.M.Koltes, producida no Centro Dramático Galego; O Tío Vania de Chekhov, Premio María Casares de Teatro 2005 á mellor dirección teatral con A factoría teatro; Coitelos nas Galiñas Premio María Casares de Teatro 2002 á mellor dirección teatral, con A factoría teatro e A viaxe de Lola, premio "Pasarena" de teatro 1999 ao mellor espectáculo, en Logroño.
Realizou, así mesmo, a dirección escénica de espectáculos de danza contemporánea e musicais,
Publicou no 2005 o libro Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz, na colección Biblioteca de Teatro, que coeditan a AGADIC y a Editorial Galaxia.
SONIA MÉNDEZ ALONSO
Sonia Méndez ten unha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual.
Realizou principalmente estudos de interpretación en diversas escolas como Espazo Aberto en Santiago de Compostela, Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona ou o Postgrao en Interpretación e Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o mundo da interpretación, a súa inquietude lévaa a instruírse noutros ámbitos. No Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona, seguiu cursos de Guión e Dirección de Actores. Na Escola Internacional de Cine e TV de Cuba estudou Construción Dramática e Guión. E na Escola de Imaxe e Son de Coruña formouse como Realizadora de Espectáculos e Audiovisuais. Ademais, actualmente traballa como docente na escola de interpretación Espazo Aberto (Compostela) onde imparte o curso anual para actores de "Interpretación diante da cámara".
Despois de escribir diversas curtametraxes para outros directores no ano 2008 escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe "PERVERSA LOLA" que obtivo a mención especial do xurado e o premio para a mellor actriz ao seu protagonista Nuria Sanz no festival de Cans (Porriño). A súa segunda curtametraxe "LEO Y MARIO (SE DEJAN) " actualmente en distribución. Traballa ademais no guión da súa primeira longametraxe e escribiu o proxecto de serie para televisión "BADULAQUE". É ademais directora creativa da empresa OROBORO FILMS da que é membro xunto con Margherita Morello e Gael Herrera. Tamén é socia de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e do Audiovisual) onde participa activamente dende Galicia.
Como actriz Sonia Méndez deuse a coñecer en Galicia no ano 2001 na serie "Terras de Miranda" á que logo seguiron outras series como " Os Atlánticos" producida por Filmanova e Continental e emitida tamén na TVG. Durante este tempo participou en longametraxes como
"Rafael" de Xavier Bermúdez, "Unha muller Invisible" de Gerardo Herrero e "Por min e por tódolos meus compañeiros" de Judas Diz; telemovies como "Phatagorubi" e "A rosa de Alexandría" de Rafael Monleón; outras series como "Rías Baixas" así como múltiples curtametraxes. Na actualidade está a preparar a longametraxe "O sexo dos anxos" dirixida por Xavier Villaverde e ten en proxecto varias Tvmovies.
ANTÍA OTERO
Antía Otero é licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid e formouse como actriz na Escola Espazo Aberto de Santiago de Compostela. A súa traxectoria é interdisciplinar polo que ven conxugando a escrita coa arte e a interpretación.
No campo da arte ampliou formación con varios cursos como: - Taller, Ciclo de cine e conferencias Ideas sobre cine con José Luis Guerín, - Representando mulleres: notas no tempo. Ciclo de conferencias sobre Nancy Spero, - Curso Taller de Cine Xéneros II, Xoves, sesión continua organizado pola AGAG, - Seminario / Taller Heterodoxias da pantalla. Transgresións do clasicismo cinematográfico dende a modernidade ao poscinema organizado por CGAI, - Master class con Marc Rappaport, Bruce Mcclure e María Cañas no (S8) Mostra de Cinema Periférico; coodinou as bolsas para artistas San Martiño Pinario, realizou o comisariado Compostelarte para o Auditorio de Galicia e ten elaborado diferentes textos para catálogos de arte e artigos para xornais.
Como escritora foi gañadora do VII Certamen Francisco Añón de Poesía co poemario "De porta un horizonte", publicou os poemarios individuais "O Son da Xordeira" (2003) en Espiral Maior e "(Retro) visor" (2010) en Edición Xerais e é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No campo da escrita teatral realizou un Curso de escrita dramática e performance con Joseph Danan en Barcelona no marco da Sala beckett e do Festival Grec e escribiu textos para os traballos " Unica escribiu a súa morte" e "Operatorio".
Como actriz realizou varios traballos en audiovisual entre os que destaca a serie de ficción "Os Atlánticos" producida por Filmanova e Continental, a tv movie "As Reliquias do Santo" producida por Bren, a longametraxe "Dous Fragmentos: Eva" dirixida por Ángel Santos e as curtametraxes: 24, Tabernario e Insula.
Imparte o obradoiro de nova creación "O ollo da arte" en Normal/Espazo de Intervención Cultural da Coruña e a materia de Teoría do Teatro e Novos Comportamentos Artísticos en Espazo Aberto.
SEILA ALVARÉ SAMPERIO
Monitora de actividades de animación á lectura na Bibliopiscina da piscina Municipal de Luou,Teo.
Profesora de Manualidades para adultos, Centro Sociocultural de Milladoiro, Biduído e Bertamiráns .
Profesora de Teatro para nen@s de Secundaria, Centro Sociocultural de Bertamiráns,Ames,Santiago.
Profesora Actividades para a dinamización da biblioteca, CEIP López Ferreiro, Santiago.
Profesora de Teatro para nen@s de Primaria. CEIP Lama de Abade, Santiago.
Profesora de Teatro de Primaria e Secundaria. Fundación María José Jove, A Coruña.
Profesora de Teatro para nenos de Primaria e Secundaria. Colexio Don Bosco. A Coruña.
Coordinación de cursos intensivos para a formación de Monitores de Tempo Libre. Escola de Formación Alquite. León.
Coordinación de colonias xuvenís, talleres, acampadas, excursións e actividades ao aire libre.
Formación académica
Curso Técnico en Audiovisuais, 544hs. CTV.S.A. Santiago de Compostela.
Tres anos interpretación e traballo corporal,Escola de Teatro Espazo Aberto, Santiago.
Master en Estudos Teatrais e Audiovisuais, Universidade da Coruña.
Certificado de Aptitude Pedagóxica(C.A.P), Univ.Complutense Madrid.
Licenciada en Filoloxía Hispánica, pola Universidade de Salamanca.
Área de lingua e literatura
A Linguaxe da Literatura, Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca. (35 horas)
A Escritura Creativa, impartido por José Luís Alonso de Santos. Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca. (40 horas)
Cine para ler: temas de literatura e cine, Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca. (40 horas)
Área de teatro e cine
Curso de Improvisación Teatral, Jorge Roda, Impromadrid, A Coruña.
Curso de Interpretación ante a Cámara, Sonia Méndez, Santiago de Compostela.
Curso de Clown, Walter Velázquez, Santiago de Compostela.
Curso de Commedia dell’arte, Carlo Bosso, Italia. Asociación cultural Manicómicos, A Coruña.
Curso de maquillaxe e caracterización teatral, con Andrea Curto, Arxentina. Asociación cultural Manicómicos. A Coruña.
Interpretación para Cine, Teatro e T.V, dirixido por Mariana Carballal, Universidade de Coruña.
Curso de Clown e improvisación,Victor Mosqueira, Universidade de Coruña.
Os Oficios de cine, Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca..
A linguaxe cinematográfica, Cursos Extraordinarios, Universidade de Salamanca.
ELEA LÓPEZ GRACÍA
Eleazar López formouse como actriz na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto de Santiago de Compostela entre os anos 2004-08. Ao longo da súa formación asistiu a varios cursos e talleres de danza, técnica vocal, texto e acción contemporánea, clown, loita escénica, etc. con profesionais como Carlos Neira, Cristina Domínguez, Marta Pazos, Guillermo Weicket, Petra Hofmann, David Loira, entre outros.
Como actriz, e ás veces como creadora, ven participando, dende o ano 2002, en diversos espectáculos infantís, contemporáneos, de rúa, etc con compañías como Hipócrita Teatro, Nut Teatro, E-330, entre outros. E colabora en varias animacións infantís para traballar valores.
No ano 2010 crea a súa propia compañía de teatro infantil: GlupGlup Teatro, coa que ven realizando a obra Catalina Lino Lina.
C Como formadora, dende o 2011 imparte clases regulares de Teatro para nen@s na Escola Espazo Aberto e os módulos de Expresión Corporal, Teatro, Clown e Monicreques nos campamentos urbanos organizados por MiniMucho de aula de Ideas.- Dende o 2010 imparte obradoiros específicos para grupos de Teatro Amateurr e para Escolas de Formación de Modelos.
XUS RAÍNDO
Actualmente imparte clases de JazzFunk, Comercial, lírico e preparación técnico- física en ESPAZO ABERTO (SDC) e Danza Clásica e Moderna en NAYADE Escola de Danza (Coruña). Dirixe ON;DANCE, escola itinerante de Baile Moderno.
Formada principalmente co mestre e coreógrafo MÁXIMO HITA(BCN) comeza a súa formación en BCN con Avelina Argüelles, JuanCarlos García, Ángels Margarit, Eva Bartomeu en Danza Contemporánea, Máximo Hita, Carl Paris (MDR) en ModernJazz, entre outros. Posteriormente en Dance Institute of Univ. Of Akron (OHIO) e STEPS (NY).
Trasládase a Canarias onde coreografía para El Triángulo de Cuatro Lados os musicais de HAIR, GREASE, CARNAVAL DOS ANIMAIS, HANSEL Y GRAETEL, entre outros.. Para Danzarote PETER PAN, ANNIE e ALALMA. Alí desenvólvese como docente traballando entre outros coa FUNDACION YEHUDI MENUHIN como artista MUS-E.
Actualmente reside en SDC onde desenvolve o seu traballo e segue en formación continua en novos estilos (con FIDEL BUIKA, KANGA (KULBIK), MARCOS, CHRISTIAN SOLÉ (C&C. BCN) Bárbara Fritsche, Carlos Alvés (Karen Taft, MDR), Alexis Fernández, MACA (Coruña).

PAULA QUINTAS
Bailarina, artista visual, coreógrafa, docente e bailarina de cable contemporáneo.
Comeza os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela obtendo unha Licenciatura en Historia da Arte Contemporánea. Máis adiante, trasládase a Londres onde se gradúa en Danza Contemporánea polo Conservatorio de Trinity Laban e tamén en Circo Contemporáneo polo departamento de Central School of Speech and Drama (Circus Space), especializándose en cable tenso. Na súa estanza no pais británico traballa en colaboración con diferentes artistas plásticos, coreógrafos, músicos e artistas multidisciplinares entre 2009-2012.
No ano 2010 recibe unha subvención pola Deputación Provincial de Ourense para crear Projecto C-F Dance, plataforma de danza interdisciplinar, onde comeza os seus primeiros traballos investigativos en solitario, pero ca participación activa de Marta Alonso, e crean a súa primeira peza “ 10 gr.x 180 ml de agua.
En 2012, presenta o seu primeiro solo “ Breakfast Accumulation”, peza inspirada na artista surrealista Meret Oppeinheim e na artista finesa Saara Ekström, onde os obxetos cotías chegan a ser un ritual por medio do corpo.
Interesada no espazo ó redor do corpo, e na súa corporeidade, ese corpo adoita un estado de- constructivo nas súas performances e instalacións por medio dunha linguaxe en movemento.
Por outra banda a súa traxectoria como docente comeza en 2007 en Santiago de Compostela, e na actualidade imparte clases regulares de Danza contemporánea, Contemporary Ballet, expresión corporal e análise do movemento ou Notación Laban, e a súa vez continúa a súa formación, asistindo a workshops con Akram Kham, Kim Jones, Henri Oguike, Pere Faura e Paz Rojo entre outros
ÁNGELES IGLESIAS 
Bailo tango dende 1992, é dicir, dende fai 20 años...Era moi nova, máis do que son agora, e o Tango supuxo para a min a apertura a un mundo que doutro xeito estaría vedado. Tiven a sorte de tomar clases e compartir "pista" con moitos dos grandes. Algúns xa non están, pero como contrapartida, varios dos meus compañeiros daqueles anos son agora Mestres.
En 1992 a Escola de Danzas da que formaba parte tivo a oportunidade de viaxar de Bos Aires a España e necesitabamos aprender o noso baile típico para representar a Argentina...Asì, case por accidente, comeza a miña historia co TANGO.
Foron os meus mestres entre outros: Claudia Bozzo, Gustavo Naveira, Daniel Colombino e Malena Colque, "Pepito" Abeledo, Juan Carlos Copes, Hugo Mingo, Fernando Galera e Vilma Vega, Demián García e Carolina Bonaventura (cando estaban xuntos e logo tamén separados...); Maia Gillart, Pablo e Dana, os integrantes de "A Labra" e en paralelo todos aqueles cos que bailei e bailei nas distintas milongas. A señora Nidia Viola, co-fundadora do Ballet Folklòrico Nacional, completou a miña formación en Tango e Danzas Tradicionais de Arxentina.
Formei parella de Tango con Alberto López Barrios e con el realicei distintas presentacións e din clases no Centro Cultural Cosmos, en Bos Aires.
Dende xullo do 2009 vivo en Santiago de Compostela, e dende outubro dese ano comparto o que sei do Tango dando clases en Espazo Aberto. Continúo investigando sobre o Tango Danza, a orixe e os efectos do movemento para seguir evolucionando no baile e mellorando a calidade das miñas clases.
Complementando esta formación estritamente "tanguera", cóntolles que dende os 4 anos estudiei Danzas Españolas coa señora Luisa Pericet. É por iso que puiden bailar Tango, Folclore Arxentino e Español en distintos escenarios, algúns tan importantes como o Teatro Colón de Bos Aires, o Teatro Presidente Alvear e o Teatro Avenida.
Como parte do meu "ser" actriz (para isto tería que escribir outro curriculum...), tamén estudei Expresión Corporal coa señora Susana Goñi, fundadora da carreira de Expresiòn Corporal no Instituto Universitario Nacional de Artes (Arxentina).
Equipo de Traballo